Información
Debate Experimtenal é un dos grupos autónomos que se coordinan dentro da Universidade Invisíbel. A súa experimentación apunta cara dous obxectivos: a experimentación con modelos de “docencia alternativa” e a experimentación conceptual coas teorías contemporáneas.
O primeiro vector apunta cara unha forma pedagóxica e institucional alternativa, que lonxe de continuar nos esquemas burocráticos, aposta pola forma da “adhocracia”. Para entendernos, a Wikipedia sería á Enciclopedia o que a adhocracia á burocracia. Por adhocracia enténdese a organización dunha rede de prácticas que critican e problematizan os distintos estriamentos e xerarquizacións. Nas adhocracias a autoridade non é máis que circunstancial. Unha persoa/colectivo transforma o seu rol en resposta a un problema concreto, segundo a súa capacidade, vontade e coñecementos. Neste senso, a docencia alternativa que practicamos fuga dos modelos burocráticos. No Debate Experimental a docencia escapa dos títulos en propiedade. Calquera pode devir docente independentemente de cal sexa o seu título. Finalmente, a actividade docente termina por sumerxirse no colectivo, nun debate cara-a-cara precedido e continuado por un proceso de producción de coñecementos colectivos e colaborativos on-line.
Este proceso e ensaio adhocrático toma para si o territorio do emerxente. O noso interese é discutir e redefinir, ensaiar e traficar coas teorías críticas contemporáneas. Con isto tentamos reartellar e reactualizar o pensamento en torno a distintas cuestións: arquitectura social, filosofía política, antropoloxía, arte e cinema, modos de goberno e de resistencia, etc.
Categorías
Universidade Invisíbel
Universidades Experimentais
- Accueil, infos de la moblisation LRU
- Alternativ Uni
- Alternativas Nómadas 2.0
- Anarchist Free University
- Counter Cartographies Collective
- Edu Factory
- Experimental College of the Twin Cities
- Free Universtiy of Los Angeles
- Götemborgs Atonoma Skola
- Institute for Anarchist Studies
- Institute for Social Ecology
- Knowledge Lab
- Mobilized Investigation
- Network delle Facolta’ Ribelli
- New School in Exile
- Radical Education
- Travelling School of Life
- UniPop
- Universidad Libre Experimental
- Universidad Nómada
- Universitat Lliure d’Estiu
- Université de Paris 8 Vincennes-Saint Denis, université en lutte
- Université Tangente

